A microcredencial está deseñada para dar resposta ás necesidades formativas actuais no ámbito da fisioterapia clínica, especialmente nas áreas de rehabilitación musculoesquelética, deportiva e funcional. A incorporación da ecografía como ferramenta de avaliación e apoio ao razoamento clínico representa un avance significativo na práctica profesional, ao permitir unha visualización directa, dinámica e en tempo real dos tecidos do aparato locomotor. A ecografía musculoesquelética converteuse nun recurso técnico fundamental para ampliar a capacidade diagnóstica e mellorar a precisión terapéutica dos fisioterapeutas. Sen embargo, a pesar do seu crecemento e utilidade contrastada, unha parte importante dos profesionais non dispón da formación necesaria para empregala de maneira eficaz na práctica diaria.
O prazo de inscrición remata o 16 de abril.