Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Facultade de Fisioterapia acollía nas últimas horas unha reunión de presentación dos traballos de campo do estudo que nas próximas semanas levará ás persoas participantes a percorrer espazos verdes con diferentes características, co propósito de avaliar se a calidade das masas arbóreas inflúe na regulación do sistema nervioso autónomo, axudando a reducir o estrés e a mellorar o benestar xeral. Ese é o obxectivo do proxecto que o grupo de investigación FS1 desenvolve ao abeiro do V Plan Social Ence Pontevedra e que abrangue a medición dunha serie de parámetros fisiolóxicos en itinerarios por diferentes masas forestais, xunto coa avaliación doutra serie de variables centradas na percepción destas áreas por parte das e dos participantes. Esta realizarase a través dunha escala de calidade ambiental desenvolvida polo grupo de investigación AF-4, da Escola de Enxeñaría Forestal, no marco doutro proxecto financiado polo Plan Social Ence e centrado na posta a proba dunha metodoloxía dirixida a avaliar os beneficios de carácter inmaterial que achegan os bosques, vinculados á saúde física e mental, a benestar ou ao ocio.

Estes percorridos por diferentes masas arboradas da provincia de Pontevedra levaranse a cabo ao longo das próximas dúas semanas, estando aberto o estudo á incorporación de novas e novos participantes, como explica a investigadora Ana Gil. Tratarase, sinala, “de catro paseos de tres quilómetros, a ritmo suave”. Tres deles cales realizaranse en contornas verdes próximas ao campus, mentres que o último será un percorrido nunha contorna interior, que realizarase nunha cinta na Facultade de Fisioterapia. As persoas interesadas en participar neste estudo poden porse en contacto co equipo investigador a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

Ler a nova completa no DUVI