Os días 3, 4 e 5 de setembro de 2025 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial.
No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.
Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e as 13.00 horas ao teu campus nas datas indicadas.
Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás a axenda 2025/2026 e algún agasallo máis para comezar o curso da mellor das maneiras.
Ao longo de toda a xornada tamén haberá música e moito máis.
