O Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da Facultade de Fisioterapia ten como obxectivo regulamentar e realizar o seguimento de aquelas accións relacionadas co control da calidade no centro.
O seu deseño foi validado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) con data de 26 de abril de 2010 (Informe final).
A partir dese momento, coa implantación do SGC despregaronse e implantaronse a maior parte dos procedementos, así como se puxeron en marcha as distintas accións que derivan da súa aplicación, dándoos a coñecer a todos os grupos de interese.
No curso académico 2013/2014, o SGC da Facultade de Fisioterapia presentouse voluntariamente ao programa FIDES-AUDIT para a certificación da implantación do SGC na 2ª convocatoria realizada pola ACSUG. Tras a segunda visita do equipo auditor, recibiuse un informe final desfavorable o 23 de xullo de 2015. A pesar do resultado, este proceso ten servido ao centro e á Comisión de Calidade para detectar cales son os seus puntos febles, levaron a poñer en marcha procedementos que estaban pendentes e permitiu proceder á súa mellora e, con iso, reverter a valoración efectuada sobre o SGC na próxima ocasión na que o centro participe no proceso de certificación.