Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Goberno da facultade

A Facultade de Fisioterapia actúa para o cumprimento dos seus fins a través dos seus órganos de goberno colexiados e unipersoais.

Son órganos de goberno colexiados a Xunta de Facultade e as súas Comisións Delegadas. Son órganos de goberno unipersoais a Decana ou Decano, a Secretaria ou Secretario, e as Vicedecanas ou Vicedecanos.

Outros órganos de asesoramento e xestión

Para o cumprimento das súas funcións a Facultade de Fisioterapia dótase dos seguintes órganos de asesoramento e xestión, que terán as funcións e competencias que lle atribúe este regulamento:

  • Comisións específicas non delegadas da Xunta de Facultade
  • Coordinacións de Titulación, de Igualdade, e de Normalización e Política Lingüística