Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa levada a cabo polos estudantes universitarios e supervisada polas universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos.

As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades públicas ou privadas, no ámbito nacional ou internacional.

As Prácticas Externas poden adoptar dúas modalidades:

Prácticas externas curriculares

Son aquelas que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plano de estudos, tal é o caso da materia Estadías Clínicas, que conta cunha carga docente de 42 créditos anuais que se imparte en cuarto curso. Nesta materia o estudantado, para acadar as competencias, debe realizar o Prácticum clínico, sesións clínicas, Portafolio e Seminarios. Para isto, cóntase cunha serie de centros conveniados e cunha trintena de profesorado titor para o desenvolvemento do Practicum Clínico, e profesorado para os seminarios e sesións clínicas, así como con dúas persoas coordinadoras. Para unha axeitada xestión das estadías clínicas o centro, a través do Sistema de Garantía de Calidade, conta cun Procedemento de xestión das Prácticas Externas.

Máis información

Prácticas externas extracurriculares

Son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plano de estudos.

Máis información

Coordinación das prácticas

Esther Monge Pereira
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Mª del Rocío Abalo Núñez
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.