O programa de Doutoramento en Investigación Sanitaria xorde, na Universidade de Vigo, co obxectivo de proporcionar a persoas investigadoras e profesionais do ámbito unha formación de calidade en áreas de especial relevancia para a atención sanitaria. Este programa nace co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación que se constatan no Sistema Universitario de Galicia (SUG). O Programa de Doutoramento potencia os estudos a nivel de posgraduado e promove a formación en investigación de estudantes no ámbito das Ciencias da Saúde.
É o primeiro programa, na Universidade de Vigo, en acoller a persoas tituladas de Ciencias da Saúde que desexen continuar os estudos superiores, estando, ademais, directamente relacionado con titulacións de mestrado que xa se imparten na devandita Universidade, promovendo a investigación traslacional e a innovación, no ámbito sanitario, garantindo, así, a aplicación efectiva dos resultados de investigación en termos de beneficios para a saúde da cidadanía.
Coordinación
Mª Elena Padín Iruegas
+34 986 801 759
Asuntos administrativos
Área de Posgrao
+34 986 801 693/801 694