Curso académico 2026/2027
Incorporación de estudantes
Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web. O calendario de preinscrición pode consultarse na seguinte ligazón.
Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.
Estudos de grao
| Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
|---|---|---|---|
| Grao en Fisioterapia | 50 | Cal. preinscrición Cal. académico | Automatrícula Continuación |
Convocatoria de matrícula 2026/2027 - estudos de grao
Estudos de mestrado
| Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
|---|---|---|---|
| Máster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia | 20 | Cal. preinscrición Cal. académico | Automatrícula |
Convocatoria de matrícula 2026/2027 - estudos de posgrao
Estudos de doutoramento
| Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
|---|---|---|---|
| Doutoramento en Investigación Sanitaria | 10 | Preinscrición | Automatrícula |
Convocatoria de matrícula 2026/2027 - estudos de posgrao
Prezos e exencións
Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas na seguinte ligazón: Prezos públicos.
- XX/0X/2026 – Decreto XX/2026, do XX de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2026/2027
- XX/0X/2026 – Normas económicas derivadas da xestión académica na UVigo 2026/2027