No curso 2020/2021 implantouse un novo plan de estudos do Título de Grao en Fisioterapia para atender ás novas necesidades detectadas. Para realizar esta modificación tivéronse en conta tanto o informe de seguimento do título coma o de acreditación.
O obxectivo básico do Grao en Fisioterapia é formar profesionais da Fisioterapia que den resposta ás demandas dunha sociedade cambiante, multicultural e que demanda cada vez máis unha maior calidade nas prestacións. Polo tanto, pretende facilitar a adquisición das competencias necesarias para a prestación dunha atención de calidade ao usuario que demande os seus servizos, ben sexa na recuperación e rehabilitación de disfuncións ou discapacidades somáticas, ben sexa na promoción da saúde e prevención da enfermidade.
A formación ofrecida no Título está orientada, fundamentalmente, á función asistencial do futuro estudantado egresado, se ben tamén se lle dota de ferramentas básicas aplicables a tarefas de investigación, divulgación científica e docencia.
Saídas profesionais
- Mutuas patronais
- Servizos médicos de empresa
- Hospitais e clínicas privados
- Fisioterapeuta autónomo
- ONG (Cruz Vermella etc.)
- Sergas (atención hospitalaria, centros de saúde)
- Centros educativos
- Centros de rehabilitación
- Xeriátricos
- Centros de fisioterapia
- Balnearios
- Educación sanitaria
- Prevención de incapacidades
- Fisioterapia preventiva e asistencial
- Centros de atención ao lesionado/a laboral
- Informes xudiciais de incapacidades
- Clubs deportivos
- Institucións deportivas
- Docencia non universitaria (BAC, ESO, FP, FPO,…)
- Docencia universitaria
- I+D+i en centros públicos e privados
- Administración pública: ámbito europeo, estatal (Ministerio de Sanidade, Ministerio de Xustiza), autonómico (Sergas, Consellería de Educación, centros educativos, Sergas), local (centros deportivos municipais)
- Centros privados
Accesos directos
Coordinación
Lorenzo Antonio Justo Cousiño+34 986 801 771