A Comisión Permanente é un órgano de representación da Xunta de Facultade. Esta Comisión resolverá os asuntos que expresamente lle transfira a Xunta de Facultade, a quen dará conta das súas actuacións. Así mesmo, velará polo cumprimento das decisións da Xunta de Facultade.
Composición
| Nome | Cargo |
|---|---|
| Mª Mercedes Soto González | Decana |
| Iria Da Cuña Carrera | Vicedecana |
| Mª del Rocío Abalo Núñez | Secretaria |
| Gustavo Rodríguez Fuentes | Membro do PDI a Tempo Completo |
| María Elena Padín Iruegas | Membro do PDI a Tempo Completo |
| Dionisio García Pomar | Membro do PDI a Tempo Parcial |
| Anxo Fernández Álvarez | Membro do estudantado |
| Antonio López López | Membro do estudantado |
| Patricia Quevedo Portabales | Membro do estudantado |
| Ana María Suárez Mariño | Membro do PTXAS |
Competencias
Son competencias da Comisión Permanente:
- Adoptar acordos sobre asuntos que lle foron delegados pola Xunta de Facultade.
- Asesorar ao equipo decanal.
- Coñecer e informar cantas cuestións lle propoña o/a decano/a no exercicio das súas funcións.
- Coñecer e informar sobre calquera asunto que sexa competencia da Xunta de Facultade.